Comenzan a disputarse os xogos galaico-durienses

Comenzan a disputarse os xogos galaico-durienses

24 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

330 deportistas compiten dende hoxe en Santiago de Compostela na vixésimo cuarta edición dos xogos galaico-durienses. Representantes das tres universidades galegas e das seis do norte de Portugal compiten cada ano nestas mini-olimpiadas galego portuguesas. Cincuenta e dous estudantes de cada unha delas danse cita na edición deste ano que inclúe como novidade competicións de deportes tradicionais galegos.

A Universidade de Santiago de Compostela é a encargada da organización da edición dos xogos deste ano, organización que cada ano recae nunha das universidades participantes. Segundo explicou esta mañá aos micrófonos de Radiofusión o director do área de deportes da USC, Mariano García Verdugo, a peculiaridade deste encontro atópase en que a pesares que non esquece o lado competitivo dos xogos, prima tamén en grande medida o fomento da convivencia  e intercambio entre países. Neste senso, manifestou Mariano García, a USC aposta este ano polo fomento do deporte mixto, é dicir, promover a igualdade entre homes e mulleres nos deportes colectivos tradicionalmente “masculinizados”.

Con este obxectivo este ano disputaránse probas mixtas de voleibol, balonmán e baloncesto.  Outras das disciplinas destes xogos universitarios serán o tiro con arco, xadrez e unha competición de duathlón que combina unha proba de mil metros a nado e cinco mil en carreira de pista.

Outra das novidades da programación dos xogos de este ano é a inclusión dos deportes tradicionais que a USC pon en marcha este ano como experiencia piloto. Na xornada de mañá haberá unha demostración que dará paso logo á competición nos deportes tradicionais de billarda, bolos celtas e chave.

Deportes