ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Fartura de carne de poldro e de castañas prometen no Magosto de Magalofes que organiza a Asociación San Xurxo. Charlamos en Radio Fene co presidente da entidade, Manolo Pico.

Fundamental reservar para ter mesa garantida, a comida está asegurada. Unhas 300 racións de carne de poldro, que se servirá estufada ou á grella, e 170 de castañas teñen listas na asociación veciñal de Magalofes para servir ás persoas que acudan este sábado, día 7 de novembro, ao Magosto. A cea comezará ás 21 horas. Despois haberá música ao vivo con Fran Nogueira “bailar despois da cea fai ben antes de ir durmir”, sostén Manolo Pico. A cea é gratis para socios e colaboradores, quen non o sexa pode gozar tamén da cita gastronómica ao módico prezo de 10 euros.
Publica o teu comentario agora