Comer san

Comer san
15 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os ovos non son malos para o colesterol. Pódese comer froita de noite. Son realidades que desmontan mitos en torno á alimentación. A dietista-nutricionista do Centro de Saúde de Fene Iria González desmontará mitos sobre alimentación nunha charla da Escola de Hábitos Saudables este venres, ás doce do mediodía, na Casa da Cultura de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

Cada vez temos máis interese en comer ben, segundo Iria González, que explicou en Radio Fene o labor do dietista-nutricionista na sanidade pública. Na área sanitaria de Ferrol son sete os profesionais incorporados aos centros de saúde desde hai quince meses para loitar contra a epidemia da obesidade. Iria traballa no Centro de Saúde de Fene e ademais da atención a pacientes fai labor divulgativa nas charlas que imparte na Escola de Hábitos Saudables. Este venres falará sobre Mitos contra realidade sobre unha alimentación saudable. A entrada ao acto de balde. Organiza o Centro de Saúde, coa colaboración da Asociación Oncohematolóxica Por Máis Vida e do Concello de Fene. Ás doce do mediodía na Casa da Cultura de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora