ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Non dar nunca carne crúa aos cans”. Con firmeza, expresouse a veterinaria etóloga Noemí Graña en resposta a preguntas da audiencia de Radio Fene sobre a dieta das mascotas, no espazo Radio Animal.
A comida caseira para gatos e cans non ten problema sempre que estea cociñada e seguindo unha dieta formulada por nutricionistas veterinarios, comentou Noemí Graña. Porque as necesidades de nutrición dos animais son diferentes das nosas, aclarou. A comida húmida pode vir ben para un animal maior con problemas de dentición, porque é brandiña, apunta Noemí. A especialista recomenda a castración dos gatos. “Normalmente sobre os seis meses de idade”, é cando debe facerse. Trátase dunha “cirurxía sinxela e pouco dolorosa da que se recuperan rapidísimo”, explicou.
Publica o teu comentario agora