Comer tranquilos

Comer tranquilos
04 de Outubro, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Consellos para evitar problemas ao alimentar cans e gatos. Falamos diso, entre outras cousas, esta semana coa veterinaria etóloga Noemí Graña en Radio Animal.

ESCOITA O PODCAST:

Se un can se enfada cando manipulamos o seu comedeiro o que hai detrás é unha baixa tolerancia a frustración. “A norma é non manipularlle a comida e para que aprenda non hai que castigalo, para ensinar hai que intentar facelo desde un estado emocional positivo, xogando”, indicou Noemí. Dos gatos explicou que “teñen un reloxo biolóxico espectacular”. Por iso se adoitamos poñerlles a lata da comida cando nos erguemos da cama reclamarana sempre a esa hora, aínda que esteamos de vacacións. “Recomendo que se dea a latiña a unha hora na que nós non esteamos descansando, non ter por costume facelo cando espertamos”. 

Sociedade

Publica o teu comentario agora