ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Maniños B 5-2 Carnoedo. O equipo visitante ocupaba a cuarta posición na táboa da Terceira Futgal. Dous goles de Aitor, dous de Raul e un de Victor destriparon ao rival. A principal achega do treinador local resumiríase nesta amoestación: “Berisca pra diante! Non me andedes con carallos aquí onda a porta”. Nos balóns aéreos, a defensa do Maniños B comeulle as papas na cabeza á dianteira do equipo de Sada.
“Fixeron un labor brutal, en dúas xornadas metemos dez goles e só recibimos catro, o equipo está funcionando moi ben e traballan como salvaxes nos adestramentos” afirma o míster do Maniños B Álvaro Dopico “Chiqui”.
Na imaxe, Álvaro Dopico "Chiqui", adestrador do Maniños B
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora