ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
"Vitaminas para o Galego" é unha nova iniciativa de dez medios de comunicación en lingua galega que bota a andar mañá cunha presentación pública en Arzúa. Os organizadores destacan que "se queremos que haxa transmisión xeracional da lingua, é imprescindible contar con medios a usen, a difundan e a prestixien".
A campaña consistirá nunha serie de eventos (concertos, relatorios, etc.) por toda Galicia durante os vindeiros meses. Un dos obxectivos da iniciativa é axudar á supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.
Os medios organizadores son Tempos Novos, Galicia Confidencial (GC), Novas da Galiza, O Val Miñor, Praza Pública , Que Pasa na Costa e a rede de emisoras municipais galegas Radiofusión . Tamén colaboran na campaña tres xornais comarcais, Crónica 3 da Mariña luguesa, O Sil de Valdeorras e Xornal Certo do Barbanza.
Os xornalistas Marcos Pérez, Henrique Sanfiz e Pedro Telmo falarán desta proposta este sábado ás 13,30 h. no festival Terr@ctiva no recinto feiral de Arzúa.