Comeza Cita co Alcalde en Radio Burela

Comeza Cita co Alcalde en Radio Burela

28 de Febreiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

Hoxe mesmo comeza un novo espazo dentro da programación de Radio Burela, 'Cita co Alcalde' que cada martes na Mañá da Mariña porá en contacto ós veciños co seu rexedor. Jose Mª González Barcia acudirá a falar cada semana da actualidade do concello e para responder as preguntas e suxestións dos habitantes de Burela. O tema central deste día será a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

A radio municipal de Burela continúa coa innovando nos seus espazos. Hai un mes comezaba Proxecto NEO, un programa realizado en colaboración co IES Perdouro de Burela e agora dentro das emisións habituais da mañá comeza 'Cita co alcalde'. Será unha sección de información e comentarios sobre a actualidade do concello, na que o alcalde, Jose Mª González Barcia será o encargado de dar conta das novas máis significativas para a vida dos veciños e veciñas. Precisamente, tamén eles poderán facer preguntas e participar da interacción comunicandose co rexedor cada semana.

O tema principal deste primeiro día do espazo será o Plan Xeral de Ordenación Municipal.  O pleno para a aprobación inicial do PXOM burelés será o vindeiro 1 de marzo. José María González Barcia non quixo marcar prazos para a aprobación provisional e para a aprobación definitiva do PXOM, ainda que afirmou que “a aprobación provisional pode producirse durante o verán. En todo caso farase tan rápido como se poida”.

Institucional