Comeza a funcionar o campo municipal de fútbol de Os Pinares

Comeza a funcionar o campo municipal de fútbol de Os Pinares

25 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Perlío volta aos Pinares despois dalgúns meses en obras. A Federación Galega de Fútbol a través da súa delegación informa que o encontro de modestos entre o líder da Segunda Autonómica, o Perlío, e o San Sadurniño xogarase este domingo ás catro e cuarto dende o campo municipal de Os Pinares. Será o primeiro encontro oficial desta temporada no terreo de xogo fenés. Tamén se disputará o partido xu

Os tres equipos de Perlío utilizarán os antigos vestiarios xa que as obras para a construcción dos novos vestiarios comezarán próximamente igual que a instalación do novo alumeado electrico. O campo xa conta cun novo céspede. Os distintos equipos do Perlío comezan a utilizar a instalación para os seus adestramentos. A nova instalación de Os Pinares xa conta con traída de auga potable.

Deportes