ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A Segunda Autonómica de fútbol comeza este domingo a súa andaina. O Maniños visita ao Monfero nun partido que arbitrará Eduardo Pereira ás cinco e media da tarde no campo do Xestal. Forma parte do grupo B.
No grupo A, o Barallobre recibe ao Capela no campo do Ramo. Arbitra Victor García Villaverde. O Perlío recibe ao Estrella no campo dos Pinares. Pitará o encontro Francisco López. Os dous encontros comezarán ás ci
Antes do inicio da Liga, o Perlío organiza diferentes actividades. As seis desta tarde enfrontaránse os equipos de categoria infantil do Perlio e o Meirás. Mañá sábado as dez da mañá xogan os xuveniles do Perlío contra o Galicia de Mugardos. As doce Perlío Meiras de cadetes. As seis da tarde acto de presentación dos equipos, da escola de porteiros e da directiva do Perlío.
Pola súa banda o Cultural Maniños organiza esta noite unha churrascada concerto a beneficio do club. Comezará ás nove e media da noite ao prezo de dez euros por persoa.. O concerto comezará ás once da noite, amenizado por Alabama e Pelé. Todo no campo de fútol do Pote, esta noite.