Comeza o II Festival de Podcast de Galicia

Comeza o II Festival de Podcast de Galicia
12 de Xuño, 2026 - 08:16 h. | Publicada por Radiofusión

O municipio de Fene acollerá este venres e mañá sábado 13 o II Festival de Podcast de Galicia, unha iniciativa de Emuga (Emisoras Municipais Galegas) que conta coa colaboración da Deputación da Coruña e que dá continuidade a unha primeira e exitosa experiencia desenvolvida a finais do 2025.

Nesta ocasión, o programa desenvolverase no Círculo de Perlío, onde se citarán creadores e estudosos do fenómeno do podcast como nova forma de achegamento á radio. Ao longo das dúas xornadas haberá obradoiros para aprender cómo facer un podcast, presentarase algún destes programas con diferentes conƟdos e mesmo gravarase un promovido polo colecƟvo Brincarmos que levará por ơtulo “Universo Nosso”. 
O venres trataranse cuesƟóns concretas como un decálogo de boas prácƟcas para construír a idenƟdade dun podcast ou como facer fronte ás crises reputacionais; presentarase o podcast “Na selva de Esmelle. Begoña Caamaño e a releitura dos mitos”, como homenaxe a autora á que se dedicou o Día das Letras Galegas, e abordarase a presenza do galego nas redes sociais e a comunicación dixital.
O sábado analizaranse o podcast na radio local e os conƟdos relacionados coa memoria a través de senllas mesas redondas e terá lugar unha charla sobre a intelixencia arƟficial, entre outras acƟvidades.
A asistencia a todas estas acƟvidades é gratuíta. O programa completo pódese consultar en hƩps://fesƟvaldepodcast.gal/programa‐2026/

 

Na imaxe o I Festival de Podcast de Galicia. (Maniños Fene. 2025)

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora