Comeza un novo curso

Comeza un novo curso

29 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Concello de Ordes porá en marcha un ano máis as actividades anuais culturais e deportivas para todos os veciños e veciñas do municipio. Nesta ocasión ofértanse clases de debuxo e pintura, ximnasia de mantemento, aeróbic, atletismo, tiro con arco, patinaxe ao que se suman ademais as escolas municipais de fútbol, fútbol sala e hockey. Tal e como explicaron dende o departamento de Cultura e Deporte do Concello, trátase de actividades pensa

Todos aqueles que estean interesados en participar nestas actividades deberán inscribirse do 3 ao 10 de outubro no departamento de Cultura e Deporte do Concello en horario de luns a venres de 9 a 14 horas, onde tamén poderán recibir máis información. Será imprescindible entregar unha fotocopia do DNI para formalizar a matrícula. Haberá un mínimo e un máximo de participantes por grupo e as prazas asignaranse por orde de inscrición.

En canto aos horarios de cada unha das actividades serán os seguintes:

- Debuxo e Pintura (as clases terán lugar na escola antiga da rúa de Galicia de outubro a maio ambos inclusive):
Grupo adultos: venres de 19:30 a 21:30 horas
Grupo infantil: venres de 18:30 a 19:30 horas
                      sábado de 10:30 a 13:30 horas

- Ximnasia de mantemento: (as clases terán lugar no local da rúa Reconciliación de outubro a maio ambos inclusive)
Horario da actividade: Martes e xoves de 19:30 a 20:30 horas

- Aeróbic: (as clases terán lugar no local da rúa Reconciliación de outubro a maio ambos inclusive)
Horario da actividade: Martes e xoves de 20:30 a 21:30 horas

- Escola de Atletismo de Ordes
Poderase recoller a ficha de inscrición no departamento de Cultura e Deporte do Concello onde recibirán máis información.

- Tiro con Arco: (as clases celebraranse no pavillón Campomaior. Para máis información contactar con Luis no teléfono 620040590.)
Horario da actividade: Mércores de 20 a 21:30 horas.

- Patinaxe de precompetición: (as clases terán lugar no pavillón Campomaior. Para máis información contactar co Club Alquimia no teléfono 645871503)
Horario da actividade: Mércores e venres de 18 a 19:30 horas.

- Escolas Municipais de fútbol, fútbol sala e hockey
Máis información contactando cos clubes nos teléfonos: Fútbol: 981697845; Fútbol sala: 609932493 e Hockey: 639356154

Sociedade