Comezan as Festas de Ferrol 2010

Comezan as Festas de Ferrol 2010

20 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Co pregón de Iago García daranse por inauguradas as Festas de Ferrol. Logo da lectura do pregón a praza de España acollerá o Concerto de El sueño de Morfeo. Este ano unha das principais novidades das festas é a ubicación dos concertos, xa que será a Praza de España a que acolla a maioría das actuacións. Mañá sábado será a quenda da maxia, da man do grupo Troula Animación. Pola noite, a m&ua

A Nova Galega de Danza estará este domingo en Ferrol, dentro dos concertos organizados polo Xacobeo. Chegan a Ferrol co seu espectáculo Tradicción incluído no Camiño das Artes Escénicas da programación deseñada para este Ano Santo, a partir das dez da noite na Praza de España dentro das Festas da cidade. O Camiño das Artes Escénicas da programación de Xacobeo 2010 presenta as montaxes relacionadas coa danza e o teatro, a maxia, e os espectáculos de acrobacias, luz, son e ritmo. Trátase de proxectos cunha única linguaxe internacional, baseada no talento persoal e por riba de todo, na creatividade. Neste apartado préstase atención aos espectáculos de pequeno, mediano e gran formato dirixidos a todos os públicos.

Cultura