Comezan as obras de construción de Factory Coruña

Comezan as obras de construción de Factory Coruña

14 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Neinver, segundo operador de outlets en Europa con once centros e máis de 1.000 tendas, comeza as obras de construción de Factory A Coruña, un centro situado na localidade de Culleredo e cuxa apertura está prevista para finais deste ano. Ubícase na parcela da antiga fábrica de La Toja, cun investimento previsto de 67 millóns de euros, 12.600 metros cadrados de superficie bruta alquilable, 800 prazas de aparcadoiro e máis de 76 tendas. Marcas como Bimba

Até a data completouse a demolición da antiga fábrica da Toja,  os traballos de movementos de terras e realizouse o desvío da liña de rede eléctrica existente na parcela, ademais de obter a autorización para a extensión da rede desde a subestación eléctrica de San Marcos, en Oleiros, até a parcela do futuro centro outlet. O proxecto adecuaráse aos prazos do proceso administrativo de concesión de autorizacións e licenzas, segundo salientan os promotores.

 

Este novo centro outlet, o quinto da compañía en España e o duodécimo en Europa, foi o primeiro centro retail de España en conseguir a certificación europea ambiental Breeam Europe Retail 2008, que recoñece o deseño arquitectónico sustentable co medio ambiente e os usuarios do centro. O seu deseño arquitectónico caracterízase por un estilo funcional que aforra enerxía e diminúe o consumo de auga. Por exemplo, contará cunha cuberta que proporcionará luz natural para un 35% das zonas comúns e as tendas.

 

Neinver, nunha estreita relación coas autoridades locais, favorecerá a mellora das infraestruturas ao redor de Factory A Coruña. O desenvolvemento de diversas rotondas e accesos facilitarán a comunicación do centro outlet con zonas de influencia como: A Coruña, Lugo, Santiago de Compostela, Ferrol ou Betanzos. Ademais, coa apertura desta primeira fase prevese que Factory A Coruña xere uns 1.000 postos de traballo directos.

Neinver, unha das principais compañías inmobiliarias europeas, centra a súa actividade nas áreas de desenvolvemento, xestión de activos e xestión de fondos. Ademais, a Compañía promove, xestiona e comercializa grandes complexos que combinan parques comerciais, de lecer e outlets. É actualmente líder en xestión de outlets en España, Polonia e Alemaña, e o segundo operador de outlets de Europa. A Compañía foi pioneira na introdución do concepto outlet en España e Polonia, baixo a marca Factory.

 

Neinver xestiona Irus European Retail Property Fund, un dos maiores Fondos Inmobiliarios retail pan-europeos de capital privado.

 

A compañía atópase en plena expansión internacional, exportando todas as súas liñas de negocio a outros países europeos, ofrecendo servizos integrais a todos os seus clientes e facilitando solucións inmobiliarias globais en todos e cada un dos países nos que opera.  Neinver, de capital cento por cento español, está presente en España, Alemaña, Italia, Francia, Polonia e Portugal.

Sociedade