ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sexto Campeonato Galego de Perruquería canina botou a andar no Centro Comercial Odeón en Narón (A Coruña). O evento despertou a curiosidade dos numerosos visitantes da área comercial. O programa continúa este domingo a partir das 11,30 da mañá cun campionato de stripping, unha técnica antiga para arranxar os cans de pelo duro. A partir das cinco da tarde cans e cadelas desfilarán por unha pasarela de moda.
A organización do Campionato corre a cargo dos perruqueiros caninos Juan Chedas e Tamara Pego. Aqueles que queiran inscribirse poden facelo na páxina web www.juanchedas. com ou dos números de teléfono 620 154 167 e 620 154 169. Os que queiran aproveitar o certame para levar aos seus cans ao centro comercial para que lles corten o pelo de forma gratuita poderán facelo, aínda que previamente terán que solicitalo por teléfono.