ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Volve a vida universitaria ao Campus Industrial de Ferrol. Xa recibiu aos primeiros estudantes que se formarán na Universidade durante o curso 2026-2027. Ana Ares, vicerreitora do Campus de Ferrol, Igualdade e Responsabilidade Social destaca que o curso comeza con boas perspectivas.

No Campus Industrial de Ferrol este luns foi o primeiro día lectivo para preto de 700 estudantes de Grao que inician o primeiro curso académico. Comeza o curso no Campus Industrial de Ferrol con todas as prazas cubertas en trece dos catorce títulos de grao. Unicamente quedan algunhas prazas no de Xestión Dixital de Información e Documentación que imparte Facultade de Humanidades e Documentación. Este curso o Campus Industrial amplía a oferta con dous novos títulos de Máster na Escola Politécnica de Enxeñaría. Un da especialidade de Vehículos Autónomos que é único en todo o Noroeste español e outro especializado en Enerxía Renovable e Construción Sustentable.
Boa saúde
Para a vicerreitora Ana Ares, o Campus Industrial goza de boa saúde malia a caída demográfica e a boa acollida que están a ter as titulacións de Formación Profesional. Por certo que desde este mes de setembro a vicerreitora do Campus de Ferrol, Ana Ares ampliou as súas competencias no equipo que dirixe a Universidade da Coruña. Xa levaba a dirección da área de Responsabilidade Social e desde o día 1 tamén asume a de Igualdade.
Publica o teu comentario agora