Comezou o curso nas escolas deportivas municipais

As de piscina reducen o horario, alternándose semanalmente
06 de Outubro, 2020 - 01:50 h. | Publicada por Radio Fene

As escolas deportivas municipais comenzaron o seu funcionamento no concello de Fene, agás a de ioga que se impartía no centro da terceira idade e o obradoiro de educación física contra a fatiga oncolóxica. Nos dous casos, trátase dun alumnado de risco e a medida responde a velar pola súa seguridade.

ESCOITA O PODCAST:

Funcionamento das escolas deportivas

Comezaron xa o curso as escolas deportivas municipais de Fene o pasado dia 1 de outubro. Están en funcionamento casi con normalidade, informa a concelleira desta área, Ánxeles Coira. Despois de realizar un estudo pormenorizado de todas as posibilidades por parte dos técnicos municipais, acordouse comezar todas as modalidades, agás algunha excepción. A primeira medida é manter o alumnado matriculado no curso pasado e non abrir novas inscricións, polo menos ata o mes de decembro. Analizarase despois desa data, dependendo de como evolucione a situación sanitaria, se se abre a matrícula a novos alumnos e alumnas.

Escolas na piscina 

No caso das escolas de natación, as horas de impartición redúcense á metade do que eran. Mantéñense os mesmos dias e horario pero altérnaranse en quendas semanais. Impartiranse unha semana si e outra non, para evitar aglomeracións nos vestiarios porque teñen un espazo moi reducido.

As excepcións

Finalmente hai dúas escolas deportivas que de momento non se levarán a cabo. Trátase da escola de ioga que se impartía no centro da terceira idade. O motivo é que a Xunta de Galicia, da que depende o centro sociocomunitario, non permite a práctica deportiva nos seus centros por tratarse de persoal de alto risco. O mesmo ocorre co obradoiro de Educación física contra a fatiga oncolóxica na que tamén o seu alumnado é persoal de risco, ao tratarse de persoas en tratamento oncolóxico. “Valoramos a conveniencia de non facelo, para garantir a súa seguridade” explica Coira.

Pavillóns ecampos de fútbol

Con respecto aos adestramentos nos pavillóns polideportivos, programáronse como sempre e xa están funcionando. Os campos de fútbol teñen que agardar polo protocolo que marque a Xunta de Galicia. En canto teñan o permiso, poderán acoller os adestramentos e as competicións deportivas, seguindo as pautas que marque o goberno autonómico e a federación de fútbol.

Deportes

Publica o teu comentario agora