ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Non debemos ver na comida un inimigo, como lle pasa a algunha xente con problemas de peso, temos que ter con ela unha relación positiva”. O trastorno de atracóns é un tipo de trastorno alimentario do que falamos no espazo Vilanova de Radio Fene co psicólogo José Barcia. Aclarounos que o trastorno de atracóns non e algo esporádico senón unha pauta de comportamento que se repite.
“Modificar o estilo de vida, o patrón de alimentación, aumentar a actividade física cotiá. O primeiro é que a persoa se comprometa nese reto e tamén a xestión do estres e, se recaes, non dramatizar”, son as pautas dadas polo especialista co que comentamos o caso de Cristina Fouz, unha moza de 28 anos que relatou a súa experiencia na prensa. "Eu sabía que o meu era unha adicción, meus pais pechábanme a cociña con chave para evitar que me pegase atracóns de comida.Moita xente pensa que cando tes trastornos por atracón é porque che gusta comer, pero cando excedes os límites é porque calmas a túa ansiedade comendo”
Publica o teu comentario agora