A comida conecta.

A comida conecta.
22 de Abril, 2025 - 01:51 h. | Publicada por Radio Fene

Quizais necesitemos unha nova estratexia para abordar dunha maneira sostible a nosa alimentación. Con comida saudable para todos, máis espazo para a produción de proximidade e apoiar iniciativas que xeren riqueza e saúde. Coñeceremos neste episodio interesante iniciativas que pretenden abordar novas formas de producir e consumir.

ESCOITA O PODCAST:

A cidadanía de Galicia gasta o 35,3 por cento da factura da compra en froitas, verduras, carne e peixe, en produtos frescos. Temos unha ampla variedade de produtos frescos, de proximidade e de moi alta calidade. Pero o historiador David Soto alerta: “ Desde hai corenta anos, Galicia perdeu preto do 70% das súas explotacións agrarias. Esta é a razón fundamental da nosa perda de autonomía alimentaria. É preciso un xiro nas políticas públicas que potencien a agricultura familiar, que promocionen a recuperación y la produción de horta, que solucionen a dramática falla de produción local de legumes. Necesitamos pór en valor feiras, mercados e prazas de abastos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora