Comida que dana

Comida que dana
29 de Decembro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nin carne crúa nin outros alimentos deben formar parte da dieta dos cans, porque lles fan mal. Deunos esta lista de alimentos perigosos para os cans en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña. 

ESCOITA O PODCAST:

O chocolate é un alimento perigoso para os cans, porque ten un tóxico. Outros alimentos que lles poden facer mal son o aguacate, a cebola e o allo. Tamén as uvas. As pebidas desta froita teñen unha substancia que pode facerlles dano.

Alerxias alimentarias

Igual ca nós cans e gatos tamén sofren alerxias alimentarias que lles producen diarreas, proídos, otite... “As veces é complicadísimo detectalo”, explicou Graña. A alerxia alimentaria máis frecuente é ás proteínas das aves, ao polo. “As probas de alerxia son unha guía, moitas veces o que se fai é unha dieta de eliminación”, sinalou.

Sociedade

Publica o teu comentario agora