ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Barallobre sobe e baixa como a faba na ola. “Tivemos o partido na man, pero fallamos moitas ocasións e fomos moi brandos en defensa” laiase o adestrador Borja Mesa. Rápido de Neda 3 - 2 Barallobre. Os goles de Julien e Pedro Garrote non chegaron para puntuar. O Barallobre é terceiro con 17 puntos na Segunda Galicia de fútbol.
Unha ambulancia retirou do campo ao xogador do Barallobre Aitor, despois de sofrir un golpe na cabeza. Ao remate non foi grave e o xove recúperase no seu domicilio. Borja Mesa mandoulle unha mensaxe de ánimo e un desexo dunha pronta recuperación. A próxima xornada dispútase o último partido da fase. Barallobre - Monfero. Xa non se xoga nada.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora