Como as lías…Anselmo

Como as lías…Anselmo
24 de Maio, 2024 - 04:28 h. | Publicada por Radio Fene

“Como as lías…Anselmo”. Representación teatral da comedia que pecha a programación do Día das Letras Galegas en Sillobre. Sábado, 25, ás 21:00. A directora da agrupación teatral da sociedade Agarimo, Aurelia Picallo, convídanos a pasar un bo rato. 

 

ESCOITA O PODCAST:

“O que máis nos gusta é facer teatro cómico, facer rir á xente”, afirma a directora e guionista. “Desde que empezou, meu pai sempre se inclinou por ese xénero, era o que máis lle gustaba e no que se sentía máis cómodo”, indica Aurelia que pertence a unha familia comprometida co teatro amador. “Meu pai foi o director do grupo, o fundador ata o seu falecemento, durante 52 anos. Miña filla, non actúa pero é a miña man dereita”, sinala Aurelia, que viaxa cada fin de semana de Muxía, onde traballa, a Sillobre, parroquia na que ten as súas raíces. Nese tempo de ocio é cando ensaia o grupo formado, “por xente de Sillobre ou moi vinculada á parroquia”. O amor de Aurelia polo teatro venlle desde ben nena. “Cando nacín xa meu pai facía teatro, sempre vivín ese ambiente na casa, a veces levábame aos ensaios, gustábame ter contacto coa xente que traballaba no teatro”. Froito dese interese polos escenarios pediulle a seu pai, Andrés Picallo, que lle escribira unha obra e acabou por conseguilo. Estreouse nos escenarios con 8 anos, nunha pequena peza inspirada nun poema de Rosalía, que seu pai titulou “As costureiras”.



 

Cultura

Publica o teu comentario agora