Como na casa

Como na casa
08 de Maio, 2023 - 10:10 h. | Publicada por Radio Fene

O benestar dos cans é a prioridade da residencia canina “Lar do Belelle”, situada na parroquia de Sillobre, que dirixe a veterinaria e experta en comportamento animal Noemí Graña. Explicounos en Radio Animal como é a residencia e os servizos que prestan. “Temos moita dispoñibilidade porque estamos sempre alí, 24 horas ao día os sete días da semana, sempre con eles” 

 

ESCOITA O PODCAST:

“A nosa residencia ten un concepto baseado no benestar, trátase de que os cans estean como na casa”, sinala. Para logralo, “o primeiro que facemos cando vén un can é facerlle un cuestionario ás familias para saber cuestións como horarios de comidas e de paseos ou como lle chaman na casa”. “As rutinas son moi importantes, a predictibilidade é un factor que reduce o estres”. Aseguran unha boa convivencia dándolle un espazo propio a cada can nun entorno privilexiado “temos unha nave que ten 20 habitación amplas, todas cun patio privado para os cans e temos dous patios fóra”. Aínda que a residencia é grande  nalgunhas datas a demanda de praza é alta “temos moitas habitacións, pero para festivos ou pontes convén reservar con tempo, para xullo e agosto xa temos reservas”. A maioría dos usuarios proceden de Ferrolterra e da Coruña. Admiten estancias prolongadas ou por horas. Para deixar o can na residencia Lar do Belelle é necesario que os animais estean vacinados, con micro chips, des-parasitados e non admiten femias en celo.

Sociedade

Comentarios

Hola,quisiera saber la tarifa de precio. Un saludo Lola
Nome: 
Lola

Publica o teu comentario agora