Como a noite ven fresca, o concerto de Noites á Fresca múdase ao Café-Teatro do Pazo da Cultura do Concello de Narón.

Como a noite ven fresca, o concerto de Noites á Fresca múdase ao Café-Teatro do Pazo da Cultura do Concello de Narón.
08 de Setembro, 2023 - 05:18 h. | Publicada por Radio Fene

A actividade estaba prevista para desenvolverse o sábado 9 a partir das 22:30 horas baixo a Magnolia centenaria do Parque de Xubia, pero a previsión meteorolóxicas de choiva obrigan ao Padroado de Cultura de Narón a cambiar o concerto para o Café – Teatro do Pazo da Cultura no mesmo horario previsto. A entrada tamén será de balde.

ESCOITA O PODCAST:

A programación desta cuarta edición de Noites á Fresca, iníciase, ás 22:30 horas con María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra) compoñentes de Caldo, un trío vigués que achega a música tradicional ao contemporáneo a través da experimentación cos propios instrumentos. O seu repertorio, a bon seguro, estará marcado polas cancións do seu segundo disco “Lugar a Ponte” que veu a luz en maio deste ano.

Na segunda actuación de Noites á fresca os ourensáns Tesouro presentarán este novo proxecto musical destes artistas que formaron parte de máis que solventes formacións como Cosecha Roja, Burgas Beat ou Os amigos dos músicos. Tesouro está integrado por Carlos Rego (vocalista e guitarrista), Daniel Alonso (baixista) e Aser Álvarez (batería) presentarán  no escenario o seu pop, “Atemporal, melódico, apaixonado, agridoce, ben escrito, sinxelo pero ben arranxado....”, segundo eles mesmos gustan dicir. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora