Como un foguete

Como un foguete
08 de Decembro, 2025 - 09:15 h. | Publicada por Radio Fene

Coma un foguete vai para arriba o Perlío na Primeira Futgal. Onte venceu (1-3) ao Torre na Coruña e suma catro vitorias nos últimos catro partidos disputados. Ocupa a novena posición na clasificación con 21 puntos, con 10 de separación dos postos de descenso. Marcou Oscar San Emeterio no 45, empatou o Torre no 67 e volveron marcar para o Perlío Iván San Emeterio (75) e Borja Vizoso (89).

ESCOITA O PODCAST:

O adestrador do Perlío Jesús Peña valora o encontro:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/081225PENA.mp3

Fotografía Xan Xe

“Na primeira parte houbo constantes chegadas, despois do 1-2, o Torre fixo un xogo moi directo, colgando balóns á area, pero defendimos bastante ben” salienta o adestrador do Perlio Jesús Peña. 

Fotografía Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora