Como unha piña na defensa da Galescola de Fene

Como unha piña na defensa da Galescola de Fene

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O grupo musical Mamá Cabra animará o acto lúdico – festivo que convoca a Galescola de Fene para mañán sabado ás 5,30 da tarde na Praza do Concello. Como unha piña toda a comunidade educativa da Galescola convida á cidadanía a participar con eles neste acto no que se reclama a continuidade destes centros, tan importantes para a conciliación familiar e labora, e para a educación das crianzas de 0-3 anos. Un acto de apoio

 Os pais e nais dos nenos e nenas que asisten á Galescola de Fene arroupan  masivamente ao personal educativo deste centro e mantéñense firmes no proxecto educativo do centro así como no idioma galego no que se imparten as clases. Todo s os pais e nais consultados por radiofusión amosaronse “encantados” coa evolución dos seus fillos na Galescola. Nun comunicado que leeu no seu nome, César Daniel Castro, deixaron claro que non queren que o centro sexa utilizado de xeito partidista.

Iria Flavia, no nome da equipa educativa da Galescola de Fene defendeu a importancia dun proxecto educativo no ciclo de 0-3 anos e manifestaron o seu malestar pola aparición de declaracions nos medios de comunicación que desvirtúan a tarefa pedagóxica das galescolas.

A concelleira de benestar, Rita Couto, arroupou onte na roda de prensa aos pais e profesorado da Galescola, desexando que a Xunta de Galicia siga apostando por estes centros e saia adiante a segunda galescola en Barallobre tal e como está proxectado.

Sociedade