ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A domótica xa non é un luxo. Os dispositivos cada vez son máis asequibles e fáciles de configurar. Iso, engadido á súa utilidade para planificar consumos e aforrar enerxía, explica que vaia en aumento a súa popularidade, comentou no espazo Cultura Tecno Iago Varela.
A tecnoloxía facilita a vida diaria coa domótica, que cada vez está máis ao noso alcance. Permite automatizar accións como controlar luces, enchufes, calefacción, persianas ou sistemas de seguridade “desde un dispositivo central que funciona como se fora o cerebro deste sistema, pode ser o móbil ou un asistente virtual”, relata Iago Varela. Os asistentes virtuais son unha peza clave na domótica moderna. Actívanse coa voz e permiten poñer en marcha o que chaman unha experiencia integrada. “Por exemplo que cando lle dicimos bos días automaticamente acenda as luces, suba a persiana, active a cafeteira e nos poña unha lista de reprodución de música”. E non hai que ser expertos para configurar todo isto, “son aparellos moi intuitivos e fáciles de instalar”, asegurou Iago Varela.
Publica o teu comentario agora