ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Biblioteca Humana é unha iniciativa que naceu en Dinamarca no ano 2000, o seu obxectivo é compartir experiencias a través do contacto humano.
Nas bibliotecas humanas a idea non é prestar libros, senón compartir historias persoais para romper estereotipos e achegar realidades que na maioría dos casos parécennos moi afastadas da nosa vida diaria. Esta proposta, que nace dentro dun grupo de amigos, expandiuse a máis de 80 países en todo o mundo.
Unha iniciativa que tamén ten cabida no ámbito universitario porque o campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña ten adoptado esta reconfortante proposta para visibilizar o traballo das docentes, investigadoras e tecnólogas que forman parte do corpus docente da Universidade.
“Biblioteca Humana: coñece ás investigadoras e tecnólogas que traballan en Ferrolterra”., foi o nome co que se presentou a actividade e contou coa presenza de sete mulleres, investigadoras e tecnólogas vinculadas ao Campus Industrial de Ferrol da Universidade da Coruña.
Para presentarnos esta proposta contamos con dúas das súas promotoras e protagonistas; A profesora da Escola Universitaria de Deseño Industrial (EUDI) e investigadora do Grupo de Polímeros, Ana Ares; profesora da Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) e Vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social de la UDC; e a investigadora do Grupo Integrado de Enxeñaría no Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais (CITENI) da Universidade da Coruña (UDC), Lucía Santiago que foi, ademais a coordinadora da actividade.
Publica o teu comentario agora