ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Maniños non puido sumar na tarde de onte no Pote tras caer derrotado por 0-1 fronte ao Dumbria. Un solitario gol no minuto 38 decidiu un encontro marcado polo equilibrio e o rigor táctico. O técnico local, Adrián Martínez, recoñeceu que o plan de partido pasaba por "propoñer un ritmo baixo" debido ao cansazo acumulado polo partido de Copa do xoves. Aínda que o equipo logrou incomodar ao rival, Martínez lamentou a falta de "agresividade e mellores decisións no tramo final" para xerar máis perigo. O gol visitante chegou nun centro lateral, unha das poucas fendas que atopou o Dumbria nun choque moi pechado.

Malia a derrota, o adestrador amósase optimista coa capacidade competitiva do grupo: "Só nos falta esa crenza de saber que tamén podemos facer dano". A vindeira cita será a domicilio contra o Burela, nun campo grande onde o Maniños espera recuperar a pegada ofensiva antes das semifinais de Copa. Nas semifinais da Copa Ferrol, o Maniños xogará contra o Rosalía en Vilaboa (Valdoviño) o domingo 5 de abril. Ese mesmo dia, na outra semifinal xogarán o Galicia de Caranza contra o Val de Narón.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora