Competir ao máximo

Competir ao máximo
16 de Febreiro, 2026 - 11:30 h. | Publicada por Radio Fene

O San Tirso non é dos equipos máis entoados neste 2026. Nas cinco últimas xornadas, empatou dous partidos, perdeu un e gañou dous. Foi un conxunto deseñado para pelexar polo título e non está obtendo os resultados esperados. Onte sufriron para vencer ao Maniños. O corpo técnico protestou iradamente reclamando un penalti e no minuto 63 o arbitro expulsou ao encargado do material.  

ESCOITA O PODCAST:

O técnico do Maniños Adrián Martinez fala do partido de San Tirso:

https://redefusion-eu.us.stackstaging.com/audio/160226MARTINEZ.mp3

Fotografía Xan Xe

"Nós imos competir ao máximo diante de calquera equipo, aínda que de momento non estamos obtendo a recompensa que merecemos" advirte o preparador do Maniños Adrián Martínez. O San Tirso adiantouse no minuto 9, logo empatou o Maniños no 33, e o gol da vitoria local chegou no 72. San Tirso 2 - 1 Maniños. 
 

 

Fotografíai Xan Xe

Deportes

Publica o teu comentario agora