Competiron

O técnico, Juanjo Lorenzo, afirma que o Perlío feminino fixo unha grandísima temporada.
12 de Marzo, 2019 - 11:45 h. | Publicada por Radio Fene

A pesar do resultado, Galicia de Caranza 2- Perlío 0, as fenesas puxeron en apuros ás rivais e aguantaron o ritmo trepidante do encontro.

ESCOITA O PODCAST:

Na Liga feminina de Futbol 8, as lideres do Galicia de Caranza non cederon e mataron as ilusión do Perlío cun marcador que acabou cun Galicia de Caranza 2- Perlío 0.

As xogadoras do Perlío perderon, pero competiron e puxeron en apretos ao rival. Crearon ocasión nun partido cun ritmo altísimo, segundo o técnico das fenesas, Juanjo Lorenzo. Dous despistes do Perlío custaron os dous goles das xa campioas da Liga.

O Perlío celebra a recuperación da porteira, Yeni, e a pronta integración de Noelia que, se non está lista para os tres últimos choques da Liga, si o estará para a Copa, en palabras de Lorenzo. Para Juanjo Lorenzo, quedar cuartas ao final da Liga é o reto. Neste momento están quintas, empatadas co Cariño a 36 puntos. De todas maneiras, o técnico opina que, acaben como acaben, fixeron unha grandísima temporada.

O próximo domingo, ás 12h nos Pinares, o Perlío feminino recibe ao Eume Deportivo.

Deportes

Publica o teu comentario agora