ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José Suárez non desbota que o club acabe desaparecendo, xa que a día de hoxe son tan só tres persoas as que están levando todo o peso dunha entidade deportiva que conta cun primeiro equipo asentado na parte media da táboa na categoría Rexional Preferente, os xuvenís en categoría Nacional e o fútbol base en diferentes competicións de ámbito local. Unha situación que ao entender de Suárez faise insostible “xa que son tan só tres as persoas que están levando todo o peso do club”.
A directiva actual anima a todos os seguidores do equipo a colaborar activamente cunha entidade deportiva que segundo aseguran atópase saneada economicamente e cun orzamento de 106.000 euros procedentes de subvencións de diferentes organismos así como das cotas dos 400 socios cos que conta o club.