Completar o saneamento

Completar o saneamento
08 de Marzo, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Minidepuradoras para resolver o problema de saneamento en puntos como o Lugar de Belelle, onde “non hai por onde sacar o alcantarillado”. Proposta do voceiro do Partido Popular de Fene, Gumersindo Galego, que coñece unha iniciativa semellante na provincia. “En Abegondo teñen minidepuradoras”.

 

ESCOITA O PODCAST:

“É máis rápido e rendible, xa sei que levan anos, pero primeiro hai que ter o proxecto e despois petar nas portas para conseguir os cartos”, sinalou en Radio Fene o voceiro do PP. “Gastamos na depuradora e tempos parroquias sen depuración, falta pouquiño na parroquia de Magalofes pero na de Sillobre queda moito por facer”. O saneamento, os terreos para un novo Centro de saúde e o paso elevado sobre a vía do tren son necesidades que sinala o PP no Concello de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora