As complicacións dunha herdanza

As complicacións dunha herdanza
27 de Xullo, 2022 - 09:37 h. | Publicada por Radio Fene

Dúas mulleres reciben unha herdanza. Parece que vai cambiar a súa vida para sempre, pero as cousas non se desenvolven da maneira agardada. Podería ser ese o resumo do argumento de As horas dunha illa remota a novela de Ignacio Vidal Portabales que conseguiu o Premio Manuel García Barros na edición deste ano. 

Fotografía: Xan Xe Corral

É unha obra na que as relacións humanas e os sentimentos teñen un gran protagonismo, con algún desengano amoroso tamén, afirma o escritor nunha entrevista que lle realiza Mario Regueira e que aparece publicada hoxe na contraportad.a de Nós Diario

Cultura

Publica o teu comentario agora