ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ata hai cincuenta anos cesteiros e cesteiras percorrian vilas e aldeas de Galicia ofrecendo as súas mañas para confeccionar recipientes das máis diversas formas e tamaños. Traballaban sobre todo co vimbio e anunciábanse co berro: Compoñer cestas! A rapazada do lugar respondía con retranca: Burros e bestas! Un obradoiro de cestería comezou na tarde de onte na Asociación Veciñal de Limodre en Fene. Tamén se inaugurou unha exposición de Carautas silvestres elaboradas en dous obradoiros impartidos por Luisa da Silva.
As carautas utilizáronse no Entroido pola comparsa A Santa Compaña de Son Radiofusión. No acto de apertura da mostra agradeceuse a colaboración da Agrupación Instrutiva de Caamouco e da Asociación Veciñal de Limodre que cederon os seus locais. A iniciativa buscaba recuperar o Entroido tradicional, utilizando materiais como palla, xunco e centeo. Fixeronse tamén cordas de esparto para amarrar as máscaras á cabeza. Pinas, conchas, espigas de centeo, follas de millo, cunchas empregáronse na decoración. Usáronse fibras vexetais para a confección das carautas económicas, ecolóxicas e sostibeis.
Facer cestos é un traballo que necesita o seu tempo, paso a paso, trenzado a trenzado, conectado co ritmo que marcan as mans. Luisa da Silva ten forza e agarimo en todo o que fai. E como di o refrán: O que fai un cesto, fai un cento.
. Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora