ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Pelexan polo sofá. Quedan coa pelota ou fan buratos constantemente. Son casos do comportamento de algúns cans dos que esta semana falou en Radio Animal a veterinaria etóloga Noemí Graña, que tamén nos contou por que tivo que levar ao hospital a un dos seus gatiños.

Mancouse na punta da cola, ten unha ferida, é moi probable que lle caia, pero o cirurxián recomendou que esperemos. Está ben, non ten dor nin infección e fai vida normal. Contounos Noemí Graña sobre ao seu gato faladoriño.
Xogar con dúas pelotas idénticas. Consello para o titor dun can que se queixa de que non lle devolve a pelota cando xoga con el.
No caso de dous cans que rivalizan polo mesmo lugar no sofá, “conseguir que compartan é complicado, compartir está moi relacionado coa tolerancia á frustración, tamén en nós”. O problema pode deberse a que os dous queren estar ao lado do titor. Recomenda “felicitar sempre cando fan algo xuntos, cando comparten”.
Para un can que fai moitos buratos nunha finca, a non ser que haxa toupas a solución pode ser acoutar unha zona determinada na que podemos agochar xoguetes ou cousas que lle gusten para dirixir alí os seus afáns arqueolóxicos.
Publica o teu comentario agora