ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A conversión dos restos alimenticios en compost permite rebaixar o contido da bolsa de lixo en torno a un 50 ou 60 por cento. Así mesmo, o compost pódese empregar como abono, devolvéndolle aos solos os nutrintes necesarios para o crecemento vexetal e conservando así a calidade dos mesmos.
O Plan de Compostaxe Caseira de Ferrol pretende facilitar os medios necesarios para que os veciños e veciñas participantes poidan desenvolver esta técnica de forma autónoma nos seus propios domicilios. De xeito paralelo organízanse charlas explicativas do mellor xeito de utilizar os composteiros. Charlas que animaron a cidadáns e cidadás a implicarse neste proceso tras coñecer os detalles do mesmo. Segundo o concelleiro de Medio Ambiente, Rafael Fernández Beceiro, póñense os medios necesarios para que os veciños e veciñas axuden na conservación da natureza.
En definitiva, o programa ofrece unha mostra clara do compromiso da sociedade ferrolá co medio ambiente. Trátase dunha alternativa viable, económica e ecolóxica adoptada noutros concellos e con grande aceptación por parte dos veciños que se implicaron na iniciativa. A compostaxe é unha práctica que, pouco a pouco, se está a implantar en Ferrolterra. De feito, este será o primeiro servizo mancomunado que desenvolverá a Mancomunidade. A xestión de residuos sólidos urbanos é un dos principais problemas dos concellos desde o punto de vista económico e medioambiental. Un problema ao que agora a Mancomunidade, en colaboración coa entidade ecoloxista Adega, tratará de dar solución a través deste proxecto que contribuirá a reducir os custes municipais da xestión dos ditos residuos e acadar unha mellor solución ambiental aos mesmos.