Compostela Máxica propón unha semana de actuacións cós mellores magos do mundo

Compostela Máxica propón unha semana de actuacións cós mellores magos do mundo

13 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

 

Santiago acollerá a terceira edición de 'Compostela Máxica', que durante a próxima semana atraerá diferentes espectáculos en varios puntos da capital galega e protagonizados por 23 dos mellores magos do panorama actual. A concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e o presidente da Asociación Profesional de Magos de Galicia, o Mago Antón, analizaron

 

García Conde destacou que este evento representa unha tradición na cidade que saca á rúa unha proposta diferente de entender a cultura que pretende chegar a toda a cidadanía coas propostas máis novidosas da maxia actual. Os diferentes espectáculos de maxia programados celebraranse en diferentes espazos como a rúa, os centros socioculturais, hospitais, centros educativos, o local 'Dado Dadá', o Teatro Principal ou o propio Auditorio de Galicia. O Mago Antón indicou que o festival representa un evento incrible para todos os magos ao permitirlles chegar a todos os estratos sociais.  Desta maneira, Santiago converterase en capital mundial da maxia e do ilusionismo por terceiro ano consecutivo e na que se dará a coñecer o que se fai noutros lugares do mundo. Entre eles, destacou a celebración da Gala Internacional o sábado 25 de abril, ás oito e media da tarde no Auditorio de Galicia con artistas de Alemania, Galicia e Estados Unidos.

Cultura