ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Atractivas ofertas en Fene. En marcha os preparativos dunha nova edición do Outlet de Fene que organiza o Concello, dos que informou a concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira.

“Que o consumo se faga no noso concello”. Para fomentalo, a Concellería de Promoción Económica organiza unha nova edición do Outlet de Fene. Será na fin de semana do 7, 8 e 9 de marzo. O Concello abriu, ata o 20 de febreiro, o prazo de inscrición dos negocios interesados en participar logo de manter unha xuntanza cos comerciantes, segundo informou a concelleira de Promoción Económica. Pretendese fomentar “que o consumo se faga no noso concello” e dinamizar así o comercio local. Ao éxito da iniciativa contribúen as interesantes ofertas. “É unha ocasión perfecta para que a veciñanza poida beneficiarse de importantes descontos sen saír de Fene ao tempo que os comerciantes dan saída ao stock”.
Publica o teu comentario agora