Compromiso co “underground”

Compromiso co “underground”
10 de Maio, 2024 - 02:30 h. | Publicada por Radio Fene

O salto entre as cabezas creativas e os ouvidos que perciben o resultado está conformado por chanzos que, en máis dunha ocasión, son tanto ou máis responsables da calidade dunha peza ou dun proxecto musical, que a inspiración de quen as crea.

ESCOITA O PODCAST:

Son os selos discográficos os que se encargan de facer eses traballos pouco coñecidos, a produción, promoción, difusión para dar a coñecer a música aos públicos obxectivos. Un dos elos imprescindibles da cadea que forma a industria musical, son o apoio e motor imprescindible para que os proxectos frutifiquen e que chegar aos ouvintes sexa posible.

Este é o caso de Ferror Records, unha discográfica que naceu en Ferrol no ano 2015, froito do esforzo e o compromiso persoal de Fernando Fernández Rego e Sergio Peck. Ferror Records nace como un catalizador do esforzo dos grupos underground e cubren, ademais un oco que as grandes discográficas no atenden poñendo o foco nas moitas sinerxias locais.

Apoian decididamente a creación musical en galego, demostrando que o galego vende tanto ou máis que outras linguas e derrubando o mito de que o galego non serve para calquera tipo de estilo musical.

Nove anos teñen pasado dende que Sergio Peck e Fernando Fernández Rego e decidiron apoiar á escena local e, xa que logo, apoiar tamén á escena galega. 

Presentámosvos hoxe a primeira parte da entrevista que Sons de Nós mantivo con estes emprendedores para os que a música é imprescindible.

Cultura

Publica o teu comentario agora