ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Corenta anos traballando para manter vivos o idioma e a cultura de Galicia. A Deputación da Coruña recoñeceu co Premio Rosalía de Castro a traxectoria e o compromiso dun traballador do Concello de Fene. Daniel Romero, xestor de actividades culturais e de normalización lingüística.
Catro décadas despois de que algunhas administracións locais, como o Concello de Fene, asumiran a defensa da lingua, hai un marco lexislativo que posibilita o uso social do galego pero falta unha política por parte da Xunta, opina o galardoado que pon en valor o traballo que están a facer os concellos. “O papel dos concellos foi determinante”. O primeiro servizo de normalización lingüística foi Redondela, pouco despois Fene, en 1984, lembra Daniel Romero, que salienta o papel de persoas como o concelleiro Cesar Martinez Yañez concelleiro. Daquela os técnicos de normalización eran “unha rara avis, eramos o colectivo Land Rover, chicos para todo, non había unha formación regrada, eramos todos autodidactas, Cataluña era o espello e no tema da lingua Quebec o referente, Cataluña mirábase no espello de Quebec e eu tiven a sorte de ir alí, á fonte”. Destaca o papel dos medios de comunicación no uso da lingua, por iso “desde o servizo de normalización se impulsa a creación da emisora municipal Radio Fene, coa intención de introducir o galego”. Tamén as novas tecnoloxías son decisivas e Daniel Romero implicouse en distintos proxectos como Vieiros, Ciberlingua e galego.org. O xurado deulle o Premio Rosalía de Castro a Daniel Romero por “abrir novos camiños e innovar en diferentes ámbitos sociais e de dinamización da lingua, realizando un traballo continuado durante décadas”. No seu informe, tamén salienta que “o seu exemplo, coherencia e compromiso convérteo no faro das persoas dedicadas á normalización lingüística. Canda el foron premiados Pakolas, o Museo do Pobo Galego e Orgullo Galego.
Publica o teu comentario agora