ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Os avances en igualdade non se producen pelexando por eles so un día ao ano. Hai que traballar por eles todos os días e nos diferentes ámbitos da sociedade. Tamén desde a administración. Pasou o 8M, Día Internacional da Muller, e o Concello de Fene recibe unha certificación do seu compromiso en materia de igualdade. Recolleuna a alcaldesa, Sandra Permui, de mans do representante da Asociación pola Igualdade de Xénero “For Gender”, José Manuel Pérez.

O Concello de Fene someteuse a unha auditoría para formar parte deste proxecto da Unión Europea que acredita o seu labor a prol da igualdade. A alcaldesa recolleu o diploma que acredita o traballo do Concello nesta materia. “Valoramos sobre todo o compromiso coa igualdade, o Concello asume agora uns compromisos por dous anos”, explicou o representante da entidade que avaliou as políticas de igualdade da administración municipal de Fene. O recoñecemento forma parte dun proxecto da Unión Europea. Distingue aos municipios que apostan pola igualdade, en Galicia hai 14 certificados concedidos ou en proceso. Sandra Permui destacou que desde o Concello se traballa para avanzar na igualdade desde todos os departamentos. Eloxiou o traballo da coordinadora da área de Benestar e Igualdade e mostrou o seu orgullo polo recoñecemento, pero recoñeceu que en materia de igualdade queda moito por facer. “O camiño non está nin comezado, vanse dando pasos moi pequenos”.
Publica o teu comentario agora