ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Compromiso por Galicia decidirá este domingo como vai participar nas próximas eleccións ao Parlamento de Galicia, quer cunha candidatura propia, quer canda outras formacións políticas. A fórmula vaina escoller a propia militancia nunha convención que se desenvolverá no Hotel Congreso de Teo co lema "Compromiso decide". O secretario nacional de Organi
O secretario nacional de Organización asegurou que “en Compromiso por Galicia afrontamos esta Convención Nacional como un punto de inflexión definitivo, para ofrecerlle á xente unha ferramenta política integradora, e que dende a sensatez política actúe para resolver os problemas dos galegos e galegas, dende unha óptica de máis autogoberno”.
Dúas propostas
En canto á estratexia política a seguir de cara aos vindeiros comicios autonómicos, Manoel Vello informou de que na Convención deste domingo os afiliados e afiliados decidirán entre as dúas propostas que se presentaron. Unha que defende participar nunha candidatura na liña do que foi En Marea nas eleccións xerais e a outra opción que defende a presentación dunha candidatura propia de Compromiso ao Goberno da Xunta de Galicia.
“Estas propostas definen claramente dúas formas de entender a política en Compromiso, sempre dende a óptica do respecto e da liberdade de opinión da afiliación”, resolveu Manoel Vello.