Compromiso por Galicia ficha a Xavier Alcalá

Compromiso por Galicia ficha a Xavier Alcalá

22 de Agosto, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O  escritor Xavier Alcalá será candidato nas listas de Compromiso por Galicia nas eleccións autonómicas galegas do 25 de setembro. Asegura que decidiu ir por primeira vez nunha candidatura política porque “o país está falto de galeguismo transversal” e pensa que Compromiso por Galicia é a ferramenta axeitada “para recuperar a esencia dun
galeguismo, no que colla moita xente que pon por riba de todo a conciencia de naci&oacut

Xavier Alcalá está convencido das posibilidades de Galicia:”Hai que inventar, producir, facer empresa, abrirse ao mundo e non se pode estar eternamente con olladas e lamentos de xente que nunca saíu do mundo funcionarial”.
O escritor, que pecha a candidatura de Compromiso pola Coruña que encabeza Xoán Bascuas, cree necesario “un galeguismo activo empresarial no sentido amplo da palabra” e agarda que a formación galeguista conte co apoio dos
habitantes do noso país.

Sociedade