A comunidade de Antonio Tizón

A comunidade de Antonio Tizón
26 de Maio, 2025 - 11:02 h. | Publicada por Radio Redondela

“É un home moi pobre, non ten comunidade” indican os indios aymara. Antonio Tizón non é un home pobre e saca a flote a súa comunidade no proxecto “Coplas analfabetas” publicado como libro-disco. Denuncia a inxustiza social e a desigualdade,  propón unha reflexión poética sobre o paso do tempo. 

Acto na Editorial Elvira en Vigo

A composición a cargo de Eugenia Sanmartín -con bagaxe galega e doutras partes do mundo- pero tamén coas voces do dúo Barahunda, Davide Salvado e Carmen Penim. A ilustración da cuberta e dos interiores correu a cargo de María Quinteiro. 

O pasado venres o libro-disco presentouse en Vigo na casa de Carlos Oroza, sede de editorial Elvira, verdadeiro templo da cultura e dos eventos, nun acto emotivo e intenso no que o editor Xabier Romero tivo unha lembranza para as vítimas de Gaza. “Coplas analfabetas”, unha aposta pola alta cultura como espazo de creación, reivindicación e futuro. 

 

Cultura

Publica o teu comentario agora