Con mel e queixo, non me queixo

Con mel e queixo, non me queixo

09 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

A parroquia pontesa de Goente- As Pontes.A Coruña-  renderá, este sábado dia 12, unha nova homenaxe aos productos da zona e ao mundo da apicultura na que será a V Feira do Queixo da Faeira e do Mel de Goente. Trátase dunha nova exaltación gastronómica que conta coa organización da delegación do Eume da Asociación Galega de Apicultura e a Casa do Mel de Goente, xunto co patrocinio do Concello de As Pontes, mediante os departament

Dende as 11.00 horas, será posible visitar os diferentes postos de produtos apícolas que rexentarán unha ducia de apicultores de toda a comarca e tamén doutros concellos coma Taramundi, para poder facerse con tarros de mel da marca Mel de Goente. Asemade, non faltarán as exposicións de artesanía, doces e viandas de marca pontesa coma as manteigadas, os postos de olaría, manualidades e produtos en madeira e mostras coma a de motos antigas de Elías Gabeiras, á que este ano se sumará unha exposición de vehículos de competición.

O campo da festa desta parroquia servirá tamén de escenario para actuacións musicais coma a dos ponteses Jin Tony´s Son, ás 12.00 horas, a da coral Airiños da Capela ás 17.00 horas ou a do grupo folk Muxarega dende as 18.00 horas.
Un dos pratos fortes da xornada será o xantar popular que arrincará ás 13.30 horas, composto por xarrete, freixós, requeixo, mel e bebidas e do que se servirán mil racións, a un prezo de 15 euros por persoa. Asemade, tamén á tarde se servirá unha merenda composta por freixós, mel e requeixo a un prezo de 3 euros.

Os máis novos tamén contarán con actividades específicas que arrincarán contra das 16.00 horas con diferentes obradoiros infantís e, dende as 19.30 horas, celebrarase a entrega de premios do IV Concurso de Receitas con Mel e Queixo e do Certame de Meles Claras e Escuras. Como final novamente música, ás 20.00 horas, cunha verbena que servirá para pechar esta festa apícola.

Sociedade