Con toda a ilusión

Con toda a ilusión
29 de Marzo, 2023 - 01:02 h. | Publicada por Radio Fene

Cuarto Cable interpretará mañá en Ferrol duas cancións en galego. Unha composición propia e unha adaptación dun poema de Rosalía de Castro. Acuden ao festival de A Mocidade coa lingua coa ilusión de desempeñar un bo papel no evento que se celebrará no Auditorio municipal de Ferrol. 

ESCOITA O PODCAST:
Eva Sardiña e Xabier Fernández de Cuarto Cable

Cuarto Cable é un grupo musical nacido no Colexio A Xunqueira de San Valentin. Eva Sardiña, Xabier Meizoso, Mario Salceda e Xabier Fernandez forman este grupo que actuará o xoves en Ferrol no festival A Mocidade coa lingua,un evento que pretende fomentar a acción social de promoción da nosa lingua e sensibilizar á mocidade ferrolá na importancia de manter o galego como vehículo de expresión cultural.

Trixésima edición de A Mocidade coa Lingua. Coa actuación das Fillas de Casandra. Tamén tocarán Cuarto Cable, Arredemo do Instituto de Fene, Bandoviño de Valdoviño e Boa Pregunta do Tirso de Molina. Este xoves ás 10,30 da mañá no Auditorio de Ferrol.

Cultura

Publica o teu comentario agora