ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Malia tomar a dianteira ben cedo, non puido reter os tres puntos o Perlío B nun partido da Terceira Futgal xogado nos Pinares no que houbo que tirar da canteira. Na Terceira Futgal, Perlío B 2-3 C.D. Obrero.

“O máis positivo, que xogaron estes tres rapaces tan novos que dan o nivel, pero descontentos polo resultado final”, balance do adestrador Gonzalo Beceiro dun partido no que tamén xogou a inexperiencia. “Comezamos dun xeito formidable, con bastantes baixas que cubrimos con tres xuvenís, un deles Diego tivo a sorte de marcar un gol moi bonito”. O segundo tanto do Perlío B chegou “pouco máis tarde, novamente obra de Diego, a primeira vez que xoga con nós”. Pero avanzado o partido mudaron as tornas “eles subiron bastante o nivel e nós non mantivemos o inicial, con 2-0 non se che pode escapar”, lamenta o adestrador que si celebra a vitoria do primeiro equipo e agarda superar a mala dinámica na próxima xornada contra o Mandiá.
Publica o teu comentario agora