Con vós. Canto Deportivo

Con vós
05 de Febreiro, 2023 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Son Radiofusión lanzará este luns 6 de febreiro ás 9 da mañá o "Canto Deportivo", unha canción en galego na que se gaban os valores positivos da afección e do equipo de fútbol da cidade herculina. 

O tema basease nun poema escrito por Antonio Tizón, con composición musical de Daniel Adzemian e interpretación de Eugenia Sanmartín. Trátase dun texto contra o racismo e a xenofobia que recorda a grandes deportivistas como Bebel, Foucellas, Arsenio, Bebeto e Scaloni. O videoclip, con imaxes do estadio de Riazor e da Coruña, foi realizado por Xarda Audiovisual e producido por Son Radiofusión. A canción chea de sentimento e emoción, poderá verse e escoitarse a través da canle de youtube de Radiofusión e nas súas redes sociais.

 

https://youtu.be/-p8uY8D-XL4

 

Na imaxe, Lucas Pérez celebrando un gol en Riazor.

Fotografía: Xarda Cooperativa Galega de Comunicación.

Deportes

Publica o teu comentario agora