Concellos co Sáhara

Concellos co Sáhara
06 de Decembro, 2023 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

Visita aos campamentos de refuxiados saharauís dunha delegación do poder local de Galicia. O concelleiro de Cabanas e colaborador de Radio Fene, Iago Varela, participará na viaxe organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, en colaboración coa Delegación da República Árabe Democrática en Galicia. 

ESCOITA O PODCAST:

http://173.255.131.18/audio/041223VARELA.mp3

Fotografía: Campamento Bojador recollida lixo proxecto Nadafa do Fondo Galego

“Coñecer a realidade que viven as persoas refuxiadas nos campamentos en Tinduf, Alxeria, e comprobar os proxectos que desenvolve alí o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade” son obxectivos desta viaxe que tamén se aproveitará para darlle visibilidade á situación do pobo saharauí. Ademais dos responsables municipais, na misión participan representantes do Parlamento galego, familias que acollen no verán a nenos e nenas saharauís e profesionais sanitarios. Para responder á hospitalidade das persoas que os aloxarán alí, levan como agasallo material escolar. Iago Varela agradeceu a gran implicación da Anpa do colexio de Cabanas que doou todo tipo de material escolar para os nenos e nenas saharauís.

Sociedade

Publica o teu comentario agora